Volve a programación cultural ás nosas bibliotecas con música, contacontos, maxia e moitas actividades máis dirixidas aos máis novos da casa

09-09-2021

 

Co inicio co curso escolar comeza tamén un novo programa cultural nas nosas bibliotecas municipais dirixido aos máis novos da casa e co se tratarán diversos temas de interese social a través da música e dos contos. A programación arranca este martes, 14 de setembro, co espectáculo “Cambi@ contos- Filipa cos contos” que nos traerán os nosos amigos do Bandullo Azul á Axencia de Lectura de Baio ás 18:00 horas. Lembrade que debido ás medidas de prevención da Covid19, o aforo está limitado e é necesario inscribirse previamente ademáis do uso obrigatorio de máscara. Tomade nota!

  • “Cambi@ contos - Filipa cos contos” é o título do espectáculo que ofrece este martes, 14 de setembro, a compañía Bandullo Azul na Axencia de Lectura de Baio. Nel trataranse temas coma a igualdade e a violencia de xénero. Comeza ás 18:00 horas
  • O Carballo con Botas visitará o 21 de setembro ás 18:00 horas a Biblioteca Municipal de Zas para falarnos de “Pes de lobo” e adentrarnos no miundo da fauna e flora dos parques naturais de Galicia.
  • O martes 28 de setembro ás 18:00 horas temos na Axencia de Lectura de Baio unha sesión de cAntacontos para bebés da man do artista Pablo Díaz que nos fará unha viaxe a través dos contos con música como fío conductor tratando temas e rutina adaptadas aos máis pequeniños. 
  • “Comechíns, segundo prato”. Así se titula o espectáculo que nos ofrecerá a compañía Galeatro o 5 de outubro na Biblioteca Municipal de Zas. Comeza ás 18:30 horas.
  • O Mago Deimi sorprenderanos o 13 de outubro ás 18:00 horas na Axencia de Lectura de Baio co seu espectáculo “A maxia está nos libros”.
  • A Biblioteca Municipal de Zas recibe o 19 de outubro ás 18:00 horas a visita de Caxoto que nos representará “Levántate Xan!”. 
  • E o venres 22 de outubro temos dobre función con Montse Farjardo que nos contará sete historias reais de malos tratos a través de “Invisibles, relatos do maltrato”. A primeira sesión será ás 10:00 horas no IES de Baio e a segunda ás 12:00 horas no CPI de Zas.

 

As persoas interesadas en asistir a calquera destes espectáculos poden facer xa as súas reservas no 981 751 398 (Centro Sociocultural de Zas en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas) ou no 981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio en horario de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas).

 

Compartir: