Os nosos centros educativos xa están preparados para o inicio do curso académico 2021-2022

06-09-2021

 

Este xoves comezan as clases de Educación Infantil e Primaria e co fin de que se inicien nas mellores condicións posible o Concello de Zas vén de acometer unha serie de melloras nos centros educativos do noso municipio. 

Os traballos que se levaron a cabo estes días no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose consistiron principalmente no acondicionamento dos edificios escolares, na reparación dos equipamentos e no adecentamento das zonas exteriores. Os traballos tamén incluíron a reparación da pérgola exterior da Escola Infantil de Zas.

 

Compartir: