Os rexedores de Zas e Vimianzo solicitan unha reunión urxente coa Xunta de Galicia para abordar o retraso nas obras da ponte de Baio
23-07-2021
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, veñen de solicitar unha reunión con carácter urxente co Director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, para analizar o estado das obras da ponte de Baio e abordar o retraso na apertura dun carril para a circulación de vehícu- los.
Os rexedores trasladaranlle as queixas da veciñanza polo retraso na primeira fase das obras que conleva o peche total da circulación de vehículos. Muíño recorda que segun- do informou no seu momento a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade “esta era unha fase que duraría do 28 de xuño ao 18 de xullo para logo abrir un carril que permi- ta a circulación de vehículos regulada con semáforos”. Pola súa banda, a rexedora vimiancesa apunta a que “non tivemos comunicación por parte da Consellería sobre a problemática, e queremos aclarar este feito para poder comunicarllo á nosa respectiva veciñanza”, alude.
Durante a xuntanza, os rexedores de Zas e Vimianzo propoñerán a posibilidade de ato- par outras formulas alternativas ó peche total da ponte, dado que esta situación ten un forte impacto na economía dos dous concellos, principalmente nos comercios situados en Baio e na Piroga.