Mañá abren as piscinas municipais de Zas e de Baio

07-07-2021

 

Mañá arranca a campaña de verán nas piscinas municipais de Zas e de Baio coa apertura das súas portas. As instalacións abren en horario de 12:00 a 20:00 horas e durante toda a campaña seguirase a normativa vixente sobre as medidas de prevención derivadas da COVID 19.

Coa apertura das piscinas ábrese tamén as inscricións para o uso das instalacións así como para os cursos de natación para as diferentes idades que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto.

O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para os menores de 14 anos e de 12 euros para os mariores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores así como a solicitude por primeira vez. Os bonos para asistir á piscina e o trámite dos carnés deberán realizarse nas oficinas municipais da Casa do Concello de Zas de luns a venres de 08:00 a 13:00 horas.

As instalacións están abertas a todos os usuarios e usuarias que o desexen coas seguintes cuotas:

  • Entrada diaria: 0,60€
  • Abono semanal: 3,00€
  • Abono quincenal: 6,00€
  • Abono mensual: 9,00€

Aos menores de 14 anos e ás persoas que dispoñan do Carné Xove aplicaraselle un desconto do 50% sobre estas tarifas.

Cursos de natación

Como todos os anos, o Concello de Zas oferta cursos de natación para diferentes idades nas dúas piscinas municipais que se realizarán dous días a semana en horario de mañá. Comezarán a próxima semana e desenvolveranse durante os meses de xullo e de agosto. 

 

Compartir: