Cancelada a 38 edición da Carballeira de Zas
15-06-2021
A Asociación Castro Meda de Zas, entidade organizadora da Festa da Carballeira xunto coa colaboración do Concello de Zas, publica o seguinte comunicado:
Dende a organización da Festa da Carballeira de Zas sentimos comunicar, por segundo ano consecutivo, a CANCELACIÓN da 38 edición do festival. A situación sanitaria actual sigue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público) e por tanto tomamos a decisión de non celebrar a festa tampouco este ano.
Novamente, tomamos esta decisión dende a responsabilidade, con todos os participantes, maiores e mozos, que queremos que poidan desfrutar de esta festa coas máximas garantías e sen preocupacións.
Un ano máis, queremos expresar o noso agradecemento a patrocinadores e provedores que estiveron dándonos o seu apoio nos últimos 38 anos, desde o comezo da festa hasta estes dous últimos atípicos anos. Sen vos, a Carballeira non sería posible.
Agardamos que no ano 2022 poidamos voltar para celebrar a 39 edición coma nunca! cargados de enerxía e moitas ganas de festa!
Moitas gracias a todos e agardámosvos o próximo ano, en Zas! Esperamos e estamos convencidos de que o 2022 será o ano da volta a normalidade.
Vémonos os próximos 5 e 6 de agosto, NA CARBALLEIRA DE ZAS.
Imaxe: Festa da Carballeira