A ITV agrícola estará na pista polideportiva de Muíño do 2 ao 5 de xullo
26-05-2021

Unha unidade móbil da ITV de vehículos agrícolas estará na pista polideportiva de Muíño do 2 ao 5 de xullo. O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. As persoas interesadas poderán pedir cita previa a partir do 2 de xuño a través da páxina web www.syctiv.com ou no número de teléfono 902 30 90 00.
Esta unidade centrarase na inspección de tractores, remolques e outros vehículos agrícolas especiais. Este é un servizo que se ofrece en colaboración co Concello de Zas para estes vehículos especiais que poden ter maiores dificultades á hora de desprazarse a un punto fixo de ITV.