Ideas para desfrutar en Zas da Semana Santa 

30-03-2021

 
Estamos en plenas vacacións dunha Semana Santa que volve a ser bastante diferentes ás anteriores. Pero isto non significa que vaian ser aburridas xa que no Concello de Zas podemos desfrutar destes días de descanso. 
 
 
Unha boa opción para desfrutar do tempo libre é o sendeirismo; unha actividade coa que facemos exercicio, poñémonos en contacto coa natureza e descubrimos lugares. A ruta da auga, a ruta para descubrir o Brandomil Romano ou a ruta para subir ata o alto do monte O Castelo son algunhas das opcións que podemos escoller estes días. Na seguinte ligazón atoparás máis información de cada unha das ruta e o seu track: http://www.concellodezas.org/turismo/rutas-senderismo/es
 
Gastronomía
Tampouco temos por que saír do Concello de Zas para desfrutar da gastronomía galega xa que no noso municipio temos bares e restaurantes que nos ofrecen menús variados durante todos os días do ano. E se o prefires tamén podes desfrutar dunha comida ao aire libre en calquera dos merendeiros que temos. Podes ver todas estas opcións polo miúdo na seguinte ligazón: http://www.concellodezas.org/turismo/merenderos/es
 
Lugares de interese 
As Torres do Allo, a Arca da Piosa, a ponte de Brandomil ou o pozo de Limideiro son algúns dos lugares máis emblemáticos do Concello de Zas. Descúbreos! 
 
Entra no apartado "Qué ver" da seguinte ligazón: http://www.concellodezas.org/turismo/portada-turismo/es
 
Coñecer polo miúdo o Concello de Zas
O noso Concello está formado por 16 parroquias. Se queres coñecelas todas polo miúdo entra na sección de Zas Polo Miúdo.
Compartir: