O Concello de Zas publica as bases para a contratación dun albanel oficial de 1ª e catro peóns de obras e servizos múltiples

12-03-2021

 

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación de cinco persoas, con carácter temporal, para a brigada municipal de obras e servizos múltiples. Os contratos, de carácter temporal, inclúense dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña. 

En concreto trátase dun posto de albanel oficial de 1ª e de catro peóns de obras e servizos múltiples. Ademáis da contratación de persoal crearase unha lista de substitución. Os candidatos selecionaranse mediante o sistema de concurso-oposición e o contrato é a xornada completa cunha duración, en todos os casos, é de oito meses.

O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 22 de marzo. En termos xeriais, os aspirantes deben ter o certificado de escolaridade ou equivalente e posuir o permiso de conducir tipo B1. Ademáis, e de conformidade co previsto na Base 2.1 do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, soamente poderán ser contratadas as persoas que estean en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e que se encontren nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: ser muller, ter máis de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, persoas desafavorecidas ou vítimas de violencia de xénero. 

Os/as interesados/as poderán consultar as bases na Sede Electrónica do Concello de Zas a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONTRATACION-1-ALBANEL-E-4-PEONS_PROGRAMA-INTEGRACION-LABORAL.pdf

 

Ligazóns

Compartir: