Óscar Lema pasa a encargarse da área de vías, obras municipais, persoal, verbenas, padrón e residencia e José Manuel Brenlla da brigada de obras
02-03-2021
No último Pleno Extraordinario celebrado o pasado 19 de febreiro aprobouse a creación de novas áreas de traballo e a súa correspondente asignación da xestión aos concelleiros do equipo de goberno. Os principais cambios afectan ao 1º Tenente de Alcalde, Óscar Lema Romero, e ao 3º, José Manuel Brenlla Castiñeira.
Desta forma, Óscar Lema pasará a encargarse das seguintes áreas de traballo: vías, obras municipais, persoal, verbenas e padrón. Mentras que José Manuel Brenlla xestionará a área correspondente ao persoal da brigada de vías e obras así como dos demais empregados públicos que realicen funcións na mesma. Tamén levará a supervisión, dirección e control dos traballos que realicen os empregados desta area.
Para a xestión destas áreas aprobaronse dúas adicacións parciais que suman un total de 41.887 euros dos cales Óscar Lema percibirá o 60% (25.132€ brutos ao ano) e José Manuel Brenlla o 40%, o que equivale a 16.755 euros brutos anuais.
Estes cambios, implicaron unha remodelación do resto de concellarías que quedou como sigue:
- Concellaría de Cultura: Óscar Lema Romero
- Concellaría de Benestar e Sanidade: Cristina Pardiñas Lorenzo
- Concellaría de Deportes, Turismo e Servizos Municipais: José Manuel Brenlla Castiñeira
- Concellaría de Feiras, Mercados e Patrimonio Municipal: Natalia Espasandín Pazos
- Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Germán Pérez Freire
- Concellaría de Educación e Promoción Económica: María Pilar García García
- Concellaría de Muller, Xuventude e Igualdade: Patricia Fariña Pedrosa
- Concellaría de Persoal da Área de Vías e Obras: José Manuel Brenlla Castiñeira