O Concello de Zas retoma a súa actividade cultural con espectáculos para crianzas e para adultos

26-02-2021

 

O Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, retoma a actividade cultural que se interrompiu no pasado mes de xaneiro debido a que a nosa comunidade entrou nun nivel máximo de restrición provocada pola Covid-19. 

Na programación cultural prevista para o próximo mes de marzo os protagonista volverán ser os máis novos da casa aínda que tamén hai espectáculos dirixidos ao público adulto. Tomade nota de todas as citas: 

  • 2 de marzo: Paco Nogueiras traénos o seu espectáculo “Brinca Vai!” Á Axencia de Lectura de Baio. A función, dirixido ó público familiar, comeza ás 18:00 horas
  • 9 marzo: Os ratiños de Trinke Trinke Teatro volven á Biblioteca Municipal de Zas cos seus “Contos para andar o Camiño”. Tamén ás 18:00 horas
  • 12 de marzo: Nesta ocasión, Redrum Teatro traenos ao Auditorio do Concello a a súa obra “Invisibles” dirixida ao público adulto. A función comeza ás 20:00 horas.
  • 16 de marzo: Paco Nogueiras repite o seu espectáculo infantil “Brinca Vai!” Na Biblioteca Municipal de Zas. Comeza ás 18:00 horas
  • 23 de marzo: A Axencia de Lectura de Baio recibe ás 18:00 horas aos ratiños de Trinke Trinke Teatro que nos traen os seus “Contos para andar o Camiño”
  • 27 de marzo: “A Carreta Pantasma”, protagonizada por Paula Carballeira, é o título da obra de teatro que terá lugar o 27 de marzo as 20:00 horas no Auditorio do Concello. Este é un espectáculo de Berrobambán dirixido ao público adulto.

 

Reserva de prazas

En todos os eventos seguiranse as normas de hixiene e seguridade vixentes polo que o aforo estará limitado. Por este motivo é necesario reservar as entradas prevamente a través do número 981 751 398 (Centro Sociocultural de Zas) de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Lembrade que é obrigatorio o uso de máscara!

Compartir: