XXVII FESTA DA CARBALLEIRA

02-08-2010

O marabilloso entorno da carballeira de Velar en Zas encherase de música para acoller unha nova edición da Festa da Carballeira.

Pola tarde, a partir das 6, actuarán os grupos tradicionais A.C. CASTRO MEDA de ZAS, Grupo de baile DONAIRE (A Coruña) e a Banda de gaitas MARUXIA (Laxe).

A partir das 9 da noite chegarán Clan Maragato (Lugo), QUEMPALLOU (Galicia), KEPA JUNKERA (Euskadi), GWENDAL (Bretaña) e Banda POTEMKIN (Galicia).

O acceso á carballeira será de 5?, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.

Todo irá acompañado de boa comida e bebida e con queimada gratuíta para os portadores do xerro conmemorativo.

Os trasnos estante agardando, non faltes!
Compartir: