ESTE DOMINGO... O DÍA DA BICICLETA

14-08-2007

Este domingo día 19 de agosto celebraremos o Día da Bicicleta cun percorrido polo Concello.

Sairemos da Praza do Campo ás 11 da mañá, daremos un paseo pola capital municipal e despois pasaremos pola Costa, Rial de Arriba, Langueirón, Santa Margarida e Santo Adrián ata chegar a Carballeira de Velar, onde disfrutaremos dunha churrascada e sortearemos unha bici de montaña entre todos os participantes.


Xa pola tarde continuaremos co percorrido pasando por Artón, Vilar, Pazos, Baio, Lamas e Zas, onde remataremos. En total faremos uns 35 Km.

Animádevos a participar!
Compartir: