Aquí están os premiados do “Certame de Disfraces dende a Casa”

19-02-2021

 

Un total de 21 propostas (infantís, adultos e convivintes) participaron no Certame de disfraces dende a casa organizado polo departamento de Cultura do Concello de Zas. O obxectivo do concurso era manter viva esta tradición e premiar a orixinalidade e a creatividade das familias.

O xurado, formado por membros do Concello de Zas e por representantes de diferentes asociacións do noso municipio, reuniuse esta mañá telematicamente e non o tivo nada doado para escoller aos premiados. Estes son os resultados: 

  • Premio ao mellor disfraz infantil: “Paréceme ver un lindo gatiño”
  • Premio ao mellor disfraz adulto: “Todo irá ben”
  • Premio ao mellor disfraz de convivintes: “Chapones”
  • Premio ao mellor vídeo: “Chegada da vacuna á casa do maior de Laxe”

Zaschoqueiro 2021

Nesta edición tamén se premiou ao ZasChoqueiro 2021 que elixiron os internautas votando polo seu disfraz favorito a través da páxina de Facebook do Concello de Zas Actualidade Municipal. “O Principiño máis a súa rosa” foi o disfraz que acadou o maior número de gústame. 

Todos os premiados recibirán os próximos días nas súas casa un lote de libros adaptado a cada unha das categorías xunto co libro “Zas polo miúdo”, editado recentemente polo Concello de Zas.

Moitas grazas a todas e a todos por participar!

Compartir: