Resolución provisional das PEL REACTIVA

25-01-2021

Mediante Resolución de Alcaldía num. 21/2021, de data 25/01/2021, aprobouse:

 

Primeiro.- Conceder provisionalmente as seguintes axudas, de conformidade co informe de data 22/01/21 da instructora do procedemento, para a reactivación ecónómica e social do Concello de Zas, PEL REACTIVA, condicionadas a que se realice a conseguinte modificación presupuestaria no orzamento vixente, antes da concesión definitiva, por importe de 110.000 euros.

Segundo.- Indicar as solicitudes que cumpren cos requisitos da convocatoria, pero que non son estimadas por esgotamento do crédito orzamentario fixado na convocatoria.

Terceiro.- Indicar as solicitudes que son desestimadas, polas causas se expoñen.

Cuarto.- Notificar este acordo aos interesados, mediante a súa publicación na sede electrónica do Concello de Zas, https://sede.concellodezas.org/ outorgando un prazo de 10 días hábiles para, de ser o caso, realicen o desestimento da solicitude ou as alegacións que consideren oportunas.

Quinto.- A presente resolución de concesión provisional non crean dereito ningún a favor do beneficiario mentras non se lle notifique a resolución de concesión definitiva.

Na seguinte ligazón podese consultar a listaxe provisional: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/20210125_RESOLUCION-PROVISIONAL-PEL-REACTIVA.pdf

 

Ligazóns

Compartir: