Cursos de salvamento e socorrismo acuático
25-01-2021
A Deputación da Coruña impartirá, dentro do marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:
- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello.
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo VENRES 5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas por mail por cada concello antes das 14 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).
Nos documentos que se anexan, detállase toda a información relativa ao proceso de inscrición e á selección das persoas participantes.