SEMANA CULTURAL: CANCELACIÓN DA OBRA TEATRO DE BADIUS E ACTO DE INAUGURACIÓN

29-07-2010

Vémonos na obriga de comunicar a CANCELACIÓN da actuación do Grupo de Teatro Badius, que estaba prevista para mañá venres, 30 de xullo ás 21.30h. no Auditorio do Concello de Zas, debido a baixas de última hora de varios actores do Grupo de Teatro, facendo imposible dita actividade.

Por outra banda, recordamos que o acto de INAUGURACIÓN da Semana Cultural será o próximo domingo día 1 de agosto ás 18:00h. e a continuación haberá:
- Baile tradicional a cargo da A. C. Castro Meda de Zas e A.C. de Baio
- Apertura das Exposicións: XXVII Festa da Carballeira, Traxes tradicionais, manualidades, cestería, bordado e cortinaxe.
- 21.30h.Teatro. Escola Municipal de Teatro de Adultos:"Pista ou peste", "O tío Sanfona", "Xusta e Dolores" e "As peripecias dun perito".
Compartir: