O Concello de Zas apoia a creación da marca #mercaSoneira impulsada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira

19-12-2020

 

Tal e como o viña facendo, o Concello de Zas está a apoiar as diferentes iniciativas empresariais locais co fin de minimizar o impacto da Covid-19 na nosa economía máis próxima. Unha das últimas iniciativas coa que colabora é a da creación da marca #mercaSoneira, impulsada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira, e que xa está activa nas redes sociais.

Xunto coa creación da marca, púsoxe en marcha a campaña “Este Nadal, merca local, por e para ti” dura até o 6 de xaneiro e na que haberá rascas con regalos directos entre todas aquelas compras que se realicen nos diferentes establecementos comerciais de Baio adheridos á campaña. Ademáis haberá varios sorteos na páxina de Facebook de MercaSoneira e un sorteo especial de 600€ en vales de compra. 

Nesta campaña distribuiranse dípticos informativos, bolígrafos e outro material publicitario o cal será financiado polo Concello de Zas e que suma máis de 2.600 euros. 

 

Compartir: