O Concello de Zas inviste 60.000 euros na mellora da estrada de Zas a Baizana

18-12-2020

 

O Concello de Zas vén de investir 59.259,75€ na mellora da estrada que comunica os núcleos de Zas e Baizana e que afectan a un total de 5.953,50m². Con esta actuación, incluída no Plan de mellora de camiños municipais 2020-2021 de Agader, o goberno municipal continúa coa mellora da seguridade e da estética da rede viaria municipal.

Os traballos consistiron na limpeza das cunetas e na preparación do vial ao que xa lle aplicaron unha capa de aglomerado en quente con 5 cm de espesor. Ademais, en canto as condicións climatolóxicas o permitan, marcarase a sinalización da vía. Das obras encargouse a empresa local Ponciano Nieto, S.L. 

“Con esta actuación restablécese a seguridade vial nesta zona xa que se acondiciona o firme ao tipo de tráfico que soporta que, en boa parte, se trata de maquinaria agrícola”; sinala Manuel Muíño, Alcalde de Zas.

As melloras entran no plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello de Zas.

 

Compartir: