O Concello de Zas mellora a eficiencia enerxética do alumeado público coa renovación dos cadros eléctricos
03-11-2020
O Concello de Zas vén de investir un total de 6.473,69€, pertencentes ao Fondo de Compensación Ambiental 2020, na renovación dos cadros eléctrico do alumeado público de distintas parroquias do noso municipio.
Os traballos consistiron na sustitución dos cadros monofásicos por outros máis modernos que contan cun sistema de control para encender e apagar as luminarias o cal se traduce nun aforro tanto no consumo eléctico do alumeado público como nos gastos de mantemento e avarías.
Esta actuación súmase ás xa realizadas nos últimos tempos en materia de eficiencia enerxética nas que se iniciou, de forma progresiva, a renovación dos cadros eléctricos do alumeado público así como a sustitución das lámpadas de vapor por halóxenos de maior rendemento.