Rematan as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Carreira

28-10-2020

 

O Concello de Zas vén de destinar un total de 40.080,71€ ás obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Carreira.

As obras consistiron na renovación e ampliación das tubaxes de auga potable coas que se melloraron o suministro nun núcleo de poboación que sufría desabastecementos puntuais de auga. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, destacou que con esta intervención mellorase notablemente o suministro de auga potable entre a veciñanza de Carreira ademais de eliminar as fugas de auga na rede. 

 

Compartir: