As bibliotecas municipais reciben o outono cunha axenda cargada de espectáculos para os máis novos da casa

23-09-2020

 

O vindeiro martes, 29 de setembro, volve a actividade ás bibliotecas do Concello de Zas cun completo programa para este outono dirixido aos máis novos da casa. Ademais dun bo número de citas, a novidade deste ano son as medidas de hixiene e seguridade derivadas da crise sanitaria do Covid-19 entre as que están o uso obrigatorio de máscara, un número limitado de prazas por cada espectáculo e a inscrición previa.

Toma nota de todos os espectáculos:

  • Martes, 29 de setembro: “Coñecendo a Carvalho Calero”, con Polo Correo do Vento, na Axencia de Lectura de Baio
  • Martes, 6 de outubro: “Pedrina na montaña”, con Soraya Lema, na Axencia de Lectura de Baio e “Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras” , de Berrobambán, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Xoves, 8 de outubro: Bandullo Azul traénos “C@nta Contos - Filipa cos contos” na Axencia de Lectura de Baio
  • Martes, 13 de outubro: “Somos iguais na maxia”, con Ian&Elisa, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Xoves, 15 de outubro: “Miña casa, meu lar”, con Caxoto Contacontos, na Axencia de Lectura de Baio
  • Martes, 20 de outubro: “Contos de michos”, con Pedro Brandariz, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Xoves, 22 de outubro: “Aprendendo a querer”, con Trinke Trinke Teatro, na Axencia de Lectura de Baio
  • Martes, 27 de outubro: “Aprendendo a querer”, con Trinke Trinke Teatro, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Xoves, 29 de outubro: “Mario pensaba que o galego non servía para nada”, de Polo Correo do Vento, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Martes, 3 de novembro: “Viaxe pola Galicia encantada”, de Trinke Trinke Teatro, na Biblioteca Municipal de Zas
  • Mércores, 11 de novembro: “Planeta LGTB”, de Caxoto Contacontos, na Axencia de Lectura de Baio
  • Martes, 17 de novembro: “Viaxe pola Galicia encantada”, de Trinke Trinke Teatro, na Axencia de Lectura de Baio
  • Mércores, 25 de novembro: “Planeta LGTB”, de Caxoto Contacontos, na BibliotecaMunicipal de Zas

Inscricións
Todos os espectáculos son de balde e comezan ás 18:00 horas e para asistir é necesario anotarse previamente en calquera dos Centros Socioculuturais do Concello de Zas.

  • Centro Sociocultural de Zas: 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas)
  • Centro Sociocultural de Baio: 981 718 056 (de martes a venres de 15:00 a 21:30 horas e sábados de 10:00 a 18:00 horas)
Compartir: