Medidas de Emprego Galicia para minimizar o impacto do Covid-19

16-09-2020

 

Lembre que, como medida para favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos, a renovación da demanda non será necesaria ata a partires do día 31 de decembro de 2020.

Se tes que acudir a túa oficina de emprego lembra que debes solicitar cita previa: 881 960 443

Oficina de prestacións de Carballo: 981 983 510 / 981 704 340

Por outra banda, foméntase a atención telemática e telefónica para que poidas realizar os teus trámites sen desprazamentos nin esperas innecesarias. Se coidas que necesitas asesoramento ou axuda para empregar os nosos servizos telemáticos solicita o novo Programa de Titorización Dixital Básica ao servizo de orientación laboral do Concello de Laxe: 981 706 908

Compartir: