Comeza a campaña de limpeza nas 16 parroquias do Concello de Zas

02-09-2020

 

Continuando coa campaña de hixienización e desinfección das beirrarúas  e espazoa públicos dos núcleos de Zas e de Baio, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova campaña de limpeza que nesta ocasión esténdese aos demáis núcleos de poboación que forman o municipio.

Para a realización destes traballos, que se levarán a cabo nos vindeiros catro meses, o Concello de Zas destina uns 50.000 euros dos fondos municipais á contratación dunha brigada formada por nove persoas. Esta actuación inclúe o desbroce de cunetas, limpeza do mobiliario urbano e das beirarrúas, entre outros. A campaña iniciouse na parroquia de Meanos, onde xa se acondicionaron os lugares de Langueirón e Vila.

Limpeza e desinfección de beirarrúas

Esta acción é a continuidade da campaña de hixienización e desinfección de beirarrúas e espazos públicos dos diferentes núcleos do noso municipio que se iniciou no pasado mes de xuño. Os traballos, que os desenvolveron usuarios da Asociación Aspaber, iniciarónse nos núcleos de Baio e de Zas. 

Nestas tarefas empregouse un limpador orgánico totalmente respectuoso co medio ambiente. A composición deste produto natural é a base de ácidos orgánicos débiles e biodegradables que desinfectan e acaban coas malas herbas. 

 

Compartir: