EXPOSICIÓN III Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez

12-07-2010

Ata o 28 de xullo pode visitarse no Centro Sociocultural de Zas a exposición itinerante que é froito do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez convocado pola Deputación da Coruña

As obras que se poden ver na exposición ofrecen unha visión ampla do panorama gráfico contemporáneo, a través de autores noveles e outros máis consagrados.

Horario de visitas:
De luns a venres, de 9:30h. a 14h.
Compartir: