Esta tarde comeza o reparto de 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas

06-05-2020

Membros de Protección Civil e persoal municipal comezarán esta tarde a repartir casa por casa as 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas. En cada vivenda deixarán un sobre con dúas máscaras de tipo cirúrxico de triple capa e que contan con certificado CE para produtos sanitarios. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recoñece que “este reparto chega cun certo retraso e que nalgúns casos pode resultar escaso, dúas circunstancias que se deben ás dificultades para conseguir este material de protección”.

Co reparto deste material toda a veciñanza disporá dunha máscara hixiénica no caso de que teña que saír da casa e que non poda respectar a distancia de seguridade interpersoal. Ainda así, dende o Concello de Zas lembramos a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias como quedar na casa e, no caso de ter que saír, manter unha distancia entre persoas de 1,5 a 2 metros. 

Para o empaquetado das máscaras contamos coa colaboración dos membros do equipo de goberno e de persoal municipal e seguíironse unha estrictas medidas de hixiene e seguridade. 

Outras medidas

En parelo, o Concello de Zas puxo en marcha dende o inicio desta crise sanitaria novas medidas co de fin de protexer á toda a veciñanza e de garantir o seu benestar. Desinfección de colectores, dos exteriores dos establecementos que continúan abertos e das zonas máis concurridas estes días, entrega de produtos de 1ª necesidade ás persoas máis vulnerables nestes momentos, reparto de material de protección entre persoal dos Centros de Saúde, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que realizan as labores de desinfección e colaboración cos centros educativos do municipio para dotar dos recursos escolares necesarios a todo o alumnado. 

Por outra parte, cabe recordar que a actividade continúa no Concello de Zas ainda que as súas instalacións permanecen pechadas ao público para evitar a propagación do coronavirus. A veciñanza que o precise pode contactar previamente a través do número de teléfono 981 70 80 03 onde serán atendidos por un funcionario municipal e polo propio Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Compartir: