O Concello de Zas suspende temporalmente o cobro das tasas do suministro de auga

06-05-2020

O Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova medida para tratar de paliar as consecuencias económicas provocadas polo Covid19 entre a veciñanza. Desta forma, o equipo de goberno municipial, encabezado por Manuel Muíño, decidiu suspender temporalmente o cobro das tasas do suministro de auga correspondentes ao 4º trimestre do 2019 e ao 1º trimestre do 2020. 

Esta é unha medida que afecta a unha boa parte da veciñanza de Zas e que se extende a fogares, empresas e gandeiros. A medida aplicarase de forma automática sin que os usuarios e usuarias teñan a necesidade de realizar algún trámite ou solicitude. “É o momento de apoiar ás familias e ás empresas”, sinala Manuel Muíño. 

Canon de Augas de Galicia

As tasas do suministro de auga supoñen unha recadación anual que se aproxima aos 40.000 euros, dos cales, o 55% abonánselle a Augas de Galicia polo denominado canon da auga. 

Unha vez que se supere o estado de alarma, o Concello de Zas deteminará as fórmulas de pago entre as cales se baralla a posibilidade de cobrar unicamente o importe correspondente ao canon da auga que aplica Augas de Galicia a todos os usuarios e usuarias. 

 

Imaxe: Augas de Galicia

Compartir: